CP Maristas, Concello de Curtis, Concello de Monterroso e Ex-alcohólicos A Coruña FS campións da primeira fase do Torneo Cidade de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Gañadores do Torneo Cidade de Lugo

Gañadores do Torneo Cidade de Lugo

CP Maristas (benxamíns), Concello de Curtis (alevíns), Concello de Monterroso (infantís) e Ex-Alcohólicos A Coruña FS (cadetes), foron os grandes triunfadores da primera fase do XII Torneo Internacional de fútsal de base “Cidade de Lugo” que organiza a Fundación Azkar e que se disputou desde este venres ata hoxe domingo. Os catro equipos campións, un por categoría, conseguen o pase para a fase final deste Torneo que se disputará do 2 ao 4 de xaneiro.

PALACIO MUNICIPAL DOS DEPORTES DE LUGO
Categoría benxamín

09:00 horas – 1ª semifinal benxamín: CP Maristas 7 – Troula Betanzos FS 0
 10:00 horas – 2ª semifinal benxamín: EDC Celanova 4 – Franciscanos Lugo 0
17:00 horas – final benxamín: CP Maristas 5 – EDC Celanova 5 (CP Maristas gaña a penaltis)

Campión: CP Maristas
Subcampión: EDC Celanova
3º clasificado: Franciscanos Lugo
4º clasificado: Troula Betanzos
Reloxo Timex ao mellor xogador: Mauro (EDC Celanova)

Categoría alevín
11:00 horas – 1ª semifinal alevín: FS Redondela 3 – EDM Concello de Curtis 3 (Curtis gaña a penaltis)
12:00 horas – 2ª semifinal alevín: Concello de Guitiriz 4 – Azkar Fundación 2
18:00 horas – final alevín: EDM Concello de Curtis 3 – Concello de Guitiriz 0

Campión: EDM Concello de Curtis
Subcampión: EDM Concello de Guitiriz
3º clasificado: FS Redondela
4º clasificado: Azkar Fundación
Reloxo Timex ao mellor xogador: Pablo (Concello de Guitiriz)

Categoría infantil
13:00 horas – 1ª semifinal infantil: Colegio Santiago Apóstol 0 – Troula Betanzos FS 5
14:00 horas – 2ª semifinal infantil: Concello de Monterroso 1 – Azkar Lugo B 0  19:00 horas – final infantil: Troula Betanzos 2 – Concello de Monterroso 3

Campión: Concello de Monterroso
Subcampión: Troula Betanzos
3º clasificado: Azkar Lugo B
4º clasificado: Colegio Santiago Apóstol
Reloxo Timex ao mellor xogador: Jorge (Concello de Monterroso)


Categoría cadete
15:00 horas – 1ª semifinal cadete: Colegio Liceo 1 – CP Casás 1 (Casás gaña a penaltis)
16:00 horas – 2ª semifinal cadete: CD Burela 2 – Ex-Alcohólicos Coruña FS 4
20:00 horas – final cadete: CP Casás 1 – Ex-Alcohólicos Coruña FS 1 (Ex-Alcohólicos Coruña FS gaña a penaltis)

Campión: Ex-Alcohólicos Coruña FS
Subcampión: CP Casás
3º clasificado: Colegio Liceo
4º clasificado: CD Burela
Reloxo Timex ao mellor xogador: Pablo (CP Casás)

Para clausurar esta primeira fase do Torneo e entregar os trofeos e premios correspondentes, acudiron o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Xerente de Transportes Azkar Lugo, Oriol Gonzalvo, o Secretario da Fundación Azkar, Manuel Vázquez , e o xogador do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, Cuco.

CATEGORÍA CADETE FEMININA – CENTRO DEPORTIVO TERRA (1ª fase)
09:00 horas: Adarve Lugo FSF 4 – H2O-Os Meigallos FSF 0
10:00 horas: Troula Betanzos FSF 2 – Leis Pontevedra FSF 2
12:00 horas: Adarve Lugo FSF 9 – Troula Betanzos FSF 2
13:00 horas: H2O-Os Meigallos FSF 3 – Leis Pontevedra FSF 1
17:00 horas: Adarve Lugo FSF 7 – Leis Pontevedra FSF 0
18:00 horas: H2O-Os Meigallos FSF 7 – Troula Betanzos FSF 2

Clasifícanse para a 2ª fase: H2O-Os Meigallos / Adarve Lugo FSF

30 de decembro de 2013 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.