Cortes de tráfico en varias rúas do Ensanche compostelán
Con motivo da realización de obras as seguintes rúas pecharanse ao tráfico:
– FERNANDO III O SANTO e SAN PEDRO DE MEZONZO (1º tramo): mércores 11 e xoves 12
– A ROSA- SANTIAGO LEÓN DE CARACAS: luns 16 e martes 17
– FREI ROSENDO SALVADO-RAMÓN CABANILLAS-REPÚBLICA DO SALVADOR (último tramo) e ALFREDO BRAÑAS (1º tramo): mércores 18
– REPÚBLICA DO SALVADOR- (1º e 2º tramo): xoves 19.
– ALFREDO BRAÑAS (2º tramo): venres 20.
NOTA:
Os tramos considéranse co sentido de circulación.
Cando estea cortada Frei Rosendo Salvado e República do Salvador, o acceso á praza Roxa farase por Santiago del Estero e a saída será por San Pedro de Mezonzo, xa que se invertirá o sentido de circulación desta rúa.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











