Corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas
O domingo día 22 a rúa Xeneral Pardiñas estará cortada ao tráfico rodado no tramo comprendido entre a rúa República do Salvador e a rúa Montero Ríos entre as 7:00 a 10:00 horas da mañá. O corte prodúcese pola ocupación da vía por un guindastre autopropulsado para obras no número 13 da citada rúa.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.