Corte de tráfico na rúa do Hórreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Por mor do traslado da caseta ubicada na praza de Galicia á praza da Constitución na noite do mércores 18 ao xoves 19 pecharanse ao tráfico as rúas do Hórreo e Ramón Piñeiro durante o tempo que duren os traballos, que comezarán ás 00.00 h do xoves 19 e rematarán previsiblemente antes das 7.00 horas. O percorrido será o seguinte: saída da praza de Galicia cara á rúa do Hórreo en sentido contrario á circulación e rúa Ramón Piñeiro ata chegar á praza da Constitución.

Para facilitar o traslado quedará prohibido o estacionamento a partir das 21.00 horas do mércores 18 na rúa do Hórreo no tramo comprendido entre a praza de Galicia e Santiago de Guayaquil (nas dúas marxes), así como na rúa Ramón Piñeiro no tramo que se vai ocupar para facer a descarga da caseta; e na rúa Montero Ríos, na zona de carga e descarga (fronte ao restaurante Fornos), que estaría reservada desde as 17.30 h.

Durante o tempo que a rúa Ramón Piñeiro permaneza cortada, os vehículos que accedan a ela polo cruce con Irmáns Rey Alvite serán desviados por Santiago de Guayaquil-Curros Enríquez.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

16 de decembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.