Corte de tráfico na rúa de San Clemente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Por mor das obras de remodelación da beirarrúa na entrada do aparcamento de San Clemente quedará prohibido o acceso ao mesmo pola rúa San Clemente desde mañá, martes 17 de decembro. Durante o tempo que duren os traballos, tanto a entrada como a saída farase por Rodrigo de Padrón, accedendo desde a avenida de Figueroa (só para entrar ao aparcamento, non para a circulación en xeral).

A parada de taxis quedará ubicada temporalmente no lateral entre o IES Rosalía de Castro e a Policía Nacional. Os cambios estarán debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

16 de decembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.