Corte de tráfico na rotonda do Castiñeiriño
Por mor da realización de obras na rotonda do Castiñeiriño, no acceso á estrada AC-841 (A Estrada), cortarase ao tráfico dito carril o día 16 as 10,30 h durante 20 minutos aproximadamente. Os desvíos faranse pola estrada de Ourense, rotonda inferior de Lamas de Abade e rúa Antón Vilar ata a rotonda que dá acceso á rúa do Castiñeiriño.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











