Cortada ao tráfico rodado a travesía que une a zona da Bacela co cruce de Xuvia por risco de desprendemento dunha fachada
O Concello de Neda anunciou que a travesía que une a zona da Bacela co cruce de Xuvia quedou pechada ao tráfico, tanto rodado como peonil, dende a xornada de onte. A Administración local tomou a decisión en base a un informe municipal sobre o avanzado estado de deterioro dun dos edificios que alberga a vía. Nos últimos días, o tellado deste inmoble víñase abaixo e o risco de desprendemento estáse a presentar tamén na fachada. Para evitar riscos a peóns e conductores, o Concello decidiu cortar a vía coas correspondentes vallas.
En todo caso, a Administración local identificará agora ao propietario do inmoble para lograr a súa localización e instalo a que realice as obras que garantan a seguridade do inmoble.











