publicidade hoxe

Continúan as obras no Ensanche e instálase unha barreira de seguridade na zona do Castiñeiriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, apuntou que segue a bo ritmo a terceira fase de obras no Ensanche, que afecta ás rúas Doutor Teixeiro, República Arxentina, San Pedro de Mezonzo e Santiago de Chile. Esta actuación, de melloras en calzadas e beirarrúas, estase a ver favorecida polo bo tempo, o que permite que as obras avancen nos prazos previstos. A concelleira anunciou que en breve presentará unha cuarta fase de intervencións no Ensanche.

Barreiras de seguridade no Castiñeiriño

O Concello está a instalar unha barreira de seguridade na glorieta do Castiñeiriño. Preténdese así reforzar a seguridade, tanto de peóns como para os vehículos que circulan pola rotonda, especialmente á vista dos accidentes que se veñen producindo na rúa do Castiñeiriño.

Esta barreira de seguridade (quita medos), de aceiro galvanizado, ten 24 metros de lonxitude e está ancorada con postes de 1,5 metros. O custo desta instalación é de 2.089 euros.

16 de decembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.