publicidade hoxe

Continúa a busca dos atracadores da Merca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaLocal PortadaSucesos
A-
A+
E.P.

Os investigadores analizan as imaxes das cámaras de seguridade para identificar os dous individuos que o martes atracaron unha sucursal bancaria no municipio ourensano da Merca, da que subtraeron uns 50.000 euros.

Así o explicaron este mércores a Europa Press fontes da investigación, que sinalaron que co visionado de imaxes tratan de identificar aos atracadores, que levaban carapucha e gorra.

Mentres, prosegue o dispositivo habilitado polo Instituto Armado para tratar de localizar e deter os atracadores da oficina bancaria da Merca, que foi asaltado en tres ocasións.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9.15 horas do martes na sucursal situada na poboación da Manchica, no municipio da Merca, onde dous homes, con acento galego, accederon á oficina de Novagalicia Banco armados.

Na sucursal había dous empregados e dous clientes. Os individuos, tras intimidar os traballadores cunha pistola, levaron 50.000 euros e déronse á fuga nun vehículo. Por iso, a Guardia Civil mantén un dispositivo para localizar os autores do atraco.

18 de decembro de 2013 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.