Conclúe con gran éxito a primeira fase do Campionato de Seleccións Femininas disputada na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

A primeira fase do Campionato de Seleccións Territoriais Femininas Sub 16 e Sub 18 chegou esta mañá á súa conclusión coa disputa da segunda xornada de partidos da primeira fase desta competición, que é unha liguiña a unha soa volta. Os campos de fútbol Víctor Fernández Alonso (Leyma) e Arsenio Igrexas Pardo (Grela II ) acolleron unha competición organizada pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) conxuntamente coa Federación Galega de Fútbol (F.G.F.) e a Real Federación Española de Fútbol (R.F.E.F.).

O pano deste evento deportivo alzouse o pasado venres coa recepción oficial en María Pita ás seleccións participantes na competición: Illas Baleares, Madrid, Rioxa e Galicia. O concelleiro de Deportes Francisco Mourelo Barreiro, a vicepresidenta 1ª da Deputación da Coruña Mariel Padín Fernández, o vicepresidente 1º da Federación Galega de Fútbol Juan Carlos Vázquez Beiras e o presidente da A.F.A.C. Manuel Vázquez Martínez fixeron as honras ante as seleccións participantes. Á conclusión do acto todos fixéronse unha foto na entrada do Palacio Consistorial.

No puramente deportivo, a selección mellor parada da competición en ambas as categorías foi a Madrileña, pois na Sub 18 gañou con solvencia os seus dous enfrontamentos ante Galicia (2-1) e Illas Baleares (3-1), mentres que en Sub 16 impúxose a Illas Baleares por 2-0 e cedeu un empate ante Galicia tras desaproveitar dous tantos de vantaxe (2-2).

A participación galega foi máis positiva para as mozas Sub 16 de Manuel Fernández “Petaca” que conseguiu un empate no primeiro partido ante Madrid (2-2) pese ir perdendo de dous goles de diferenza; e pechar a súa participación cunha goleada ante as rioxanas por 6-0. Por parte das mozas Sub 18 que dirixe Joaquín Balbuena “Quin” a participación nesta primeira fase foi agridoce, pois comezou a primeira fase cunha derrota ante Madrid pola mínima (1-2) e pechou a súa participación cunha goleada (6-4).

22 de decembro de 2013 | 21:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.