publicidade hoxe

Concerto de Nadal co grupo Pedraquentiña no Multiusos de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMos
A-
A+
Pedraquentiña

Pedraquentiña

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, anunciou esta mañá que, dentro da programación para este Nadal, terá lugar o domingo día 29 de decembro ás 20.00 horas no Multiusos das Pozas, na parroquia de Petelos, o concerto do grupo Pedraquentiña.

Trátase dun grupo tradicional que decidiu tomar como nome propio o dun lugar máxico que existe no alto dun monte que se atopa no Concello de Mondariz, no norte da parroquia de Toutón.

Co traballo que van presentar os integrantes de Pedraquentiña o día 29 no Multiusos, queren facer “un pequeño agasallo a todas aquelas persoas que senten a música tradicional como o mellor medio de convivencia e divertimento, así coma axuda para manter viva a inquedanza pola nosa cultura musical”.

12 de decembro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.