Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade COGAMI habilitará un punto informativo no centro comercial As Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade aposta pola visibilidade durante o Día da Discapacidade (3 de decembro) e, por iso, vai ter operativo dende as 10:00h. e ata as 20:00h. un punto de información no Centro Comercial As Cancelas.

Ademais de material informativo como dípticos explicativos sobre a Confederación e os servizos que oferta, disporemos de merchandising que lle entregaremos ás persoas que se acheguen ata o stand que vai estar localizado no segundo andar do centro comercial.

Este ano, COGAMI aposta pola visibilidade e participación deste día nas redes sociais que ten operativas. Entre as accións que acometeremos está a de  facer un fotocall no que as persoas que queiran participar disporán dunha pizarra  para escribir lemas relacionados coa discapacidade, co 3 de decembro, coa integración, en fin, coa diversidade. Todas as fotos van ser subidas á páxina de Facebook de COGAMI para que as persoas que colaboran no fotocall poidan etiquetarse e compartir cos seus seguidores esta xornada.

Outra das actividades programadas para visibilizar a nosa participación con esta data é a través dun concurso de fotografía. Baixo o título Como celebras ti o día 3 de decembro? queremos que a xente participe amosando este día nunha foto que vai ter que enviar a este enderezo da páxina web de COGAMI: http://www.cogami.es/concursos/concurso-de-fotografia/ O día 4 de decembro van ser colgadas no Facebook de COGAMI todas as fotografías que participan no concurso e van ser os propios seguidores do Facebook de COGAMI os que voten, resultando como gañadora a que obteña máis ME GUSTA. O regalo é un Smarthphone.

Outra rede social que vai ter moita actividade durante este día é o Twitter COGAMI_Galicia. A través do hastag #cogami3decembro pretendemos que recoller todas as impresións deste día.

2 de decembro de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.