Complétase o cartel de equipos para disputar o XII Torneo de Futsal de Base “Cidade de Lugo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A menos tres semanas para que arranque o XII Torneo Internacional de futsal de base “Cidade de Lugo”, que organizará un ano máis a Fundación Azkar, o ritmo de inscripcións por parte dos clubs non puido ser mellor e a día de hoxe xa non quedan prazas libres para disputar as dúas fases do torneo, cumprindo así os 124 equipos que participarán nesta edición pertencentes a 43 clubs diferentes. O Torneo está destinado para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, así como a categoría cadete feminino.

O “Cidade de Lugo” do futsal contará como é habitual con dúas fases, a primeira do 27 ao 29 de decembro e a segunda do 2 ao 4 xaneiro, e contará con preto de 1500 participantes.

Nos próximos días serán publicados os calendarios de ambas fases e para máis información os interesados poden poñerse en contacto coa organización a través de planificacion@pronelugoad.com

Gran cartel

Tanto na primeira como na segunda fase o cartel co que contará o torneo será de luxo e así as mellores escolas galegas e do panorama nacional daranse cita nesta 12ª edición. Así confirmaron a asistencia equipos da talla de UD Las Rozas Boadilla (Comunidad de Madrid), Les Corts (Cataluña), Ciudad de Toledo (Castilla La Mancha), Rivas Atlantis (Comunidad de Madrid), EFS Fair Play (Extremadura), FS Burriana (Comunidad Valenciana), Moprisala Toledo (Castilla La Mancha) ou Tierno Galván (Castilla y León), ademais das escolas de fútbol sala máis emblemáticas da comunidade galega que representarán ampliamente ás catro provincias.

12 de decembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.