Comezan os traballos de substitución dos falsos teitos e luminarias no CEIP de Rubiáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A concelleira de Educación, Rocío Llovo, confirmou que esta mesma mañá comezaron no colexio de Rubiáns as obras de substitución de falsos teitos e luminarias que se comprometeu a realizar a administración autonómicas como resultado das xestións realizadas dende a administración local. No marco destas xestións para insistir na necesidade de resolver as carencias e deficiencias que presentan os colexios de Vilagarcía, o alcalde, Tomás Fole e Llovo del Río mantiveron unha xuntanza co conselleiro de Educación para explicarlle directamente a situación.

O encontro solicitado polo goberno local celebrouse en Santiago e contou coa participación do secretario xeral de Educación. O obxectivo desta reunión era insistir unha vez máis e directamente ao conselleiro, Manuel Vázquez, as deficiencias e carencias que presentan os colexios o municipio e que son competencia da administración autonómica. Aínda que Vázquez atopábase ao corrente da situación a través da secretaría xeral e da xefatura provincial, os concelleiros do goberno local pretendían con esta entrevista que o conselleiro os teña máis presentes si cabe.

Os responsables locais son conscientes de que a redución orzamentaria dos departamentos autonómicos impide chegar a todas partes, como tamén lle ocorre ao Concello. Non obstante solicitaron que na medida do posible e de cara ao ano 2014 se vaian acometendo as reformas ou actuacións que se consideren prioritarias e de maior urxencia para ir paliando as situacións máis precarias ou que revisten maior urxencia.

O alcalde e a concelleira ofreceron a colaboración da administración local conforme ao sistema que se xa se está aplicando nos últimos tempos a través das accións que levadas a cabo polo Concello e a xefatura provincial de Educación, consistente da suma de recursos que se materializa en que a administración autonómica adquire materiais e o Concello pon a man de obra.

Neste liña de colaboración e de suma de recursos se enmarca as obras de reforma dos baños que tamén se están levando a cabo no colexio de Rubiáns. Como xa se fixo o curso pasado no Arealonga, o centro paga os materiais cos fondos que lle envía a xefatura provincial de Educación e o Concello acomete a obra con man de obra municipal.

Llovo falou esta mañá co director de Rubiáns que lle comunicou que a reforma dos baños avanza a bo ritmo. Nembargantes, como o cartos dispoñibles do centro non daban para os últimos remates da obra (retoques e pintado) a concelleira comprometeuse a asumir ese gasto con cargo aos presupostos da Concellería para 2014.

2 de decembro de 2013 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.