Comezan as actividades de Nadal en Piñor
O Concello de Piñor pon en marcha a súa programación de actividades para o Nadal 2013. Como cada ano, ofrécense actividades diarias para os cativos así como o Campionato de Scalextric e a visita a Pazolandia.
O programa comeza o sábado 21 de decembro coa 7ª Edición do Campionato de Scalextric “Concello de Piñor”. Trátase dunha das iniciativas con maior éxito de participación, na que se compite por categorías para optar ós 3 primeiros premios. Dous monitores con experiencia na materia estarán pendentes dos participantes, asesorando en todo o preciso para un correcto desenvolvemento da competición. Como cada ano, cóntase coa colaboración de Educa-Borrás, a empresa que actualmente comercializa Scalextric. O evento inclúe sorteos, merenda e entregas de premios do propio campionato e do concurso de postais do Nadal, e terá lugar o sábado 21 e decembro ás 16h no Centro Social. A inscrición poderá formalizarse ata o 20 de decembro.
Por outra banda, dende o 23 de decembro ó 8 de xaneiro ofreceranse obradoiros e actividades lúdico-educativas, de luns a venres de 11:00h a 13:00h no Centro Social. A idea é que as vacacións de Nadal sexan un momento para aprender e para desfrutar do tempo de lecer de forma orixinal. Realizaranse actividades como:
– Talleres de creación do II Calendario dos cativos de Piñor por un Mundo Mellor: o ano pasado realizouse con fotografías dos cativos, representando cada mes do ano un valor a promover na sociedade. Esta vez serán debuxos elaborados polos propios nenos e nenas os que configuren este calendario oficial do concello para o ano 2014.
– Obradoiro de creación de doces do Nadal: os cativos elaborarán galletas con formas orixinais que levarán como postre para a cea de Fin de Ano.
– Taller de elaboración de tarxetas e decoración: os cativos elaborarán unha tarxeta para felicitar o ano 2014 e servilleteiros para adornar a mesa nestas datas tan sinaladas.
– Xogos pola Igualdade: o tema da igualdade de xénero é preciso traballalo dende idades temperás, e mediante o xogo é algo moi ben acollido polos cativos.
Para unha axeitada organización dos obradoiros, a inscrición debe formalizarse ata o día 20 de decembro.
Finalmente, o venres 3 de xaneiro realizarase a visita a Pazolandia, otra das iniciativas máis demandadas nestas épocas. A inscrición será ata o 2 de xaneiro.