Colexios gañadores do concurso de Beléns de Monforte de Lemos
O xurado cualificador do “Concurso de Beléns para Centros de Ensino Nadal 2013-2014 -Concello de Monforte de Lemos”, visitou no día de hoxe os beléns inscritos no certame organizado pola Delegación de Cultura do Concello.
Unha vez realizada a visita, a valoración dos membros do xurado foi a seguinte:
1º premio Colexio A Gándara 100 €
1º premio Colexio PP. Escolapios 100 €
2º premio Colexio Novo 80 €
3º premio Colexio Ferroviario 50 €
3º premio Colexio Infanta Elena 50 €
O Concello felicita ós rapaces e rapazas dos centros participantes polo seu esforzo e bo facer na elaboración dos beléns.











