publicidade hoxe

Coincidindo coas festas de Nadal, Ferrol recupera a ruta da construción naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, recupera a Ruta da Construción Naval durante as festas do Nadal. Así, o obxectivo desta iniciativa é que tanto os ferroláns como as persoas que visiten a cidade nestas datas poidan coñecer o complexo naval e militar da nosa ría, polo que a ruta de turismo industrial será reactivada os días 21, 22, 28 e 29 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro de 2014.

Para as visitas guiadas ao Arsenal Militar poderanse adquirir os tickets na oficina de Turismo da dársena de Curuxeiras, onde comezará o percorrido militar ás 11:00 horas. No caso de Navantia, o city-tren sairá da Praza de Galicia -xunto ao Teatro Jofre- ás 12:20 horas e os tickets poderán ser adquiridos no mesmo city-tren. Xa que as prazas son limitadas, en ámbalas dúas visitas será necesario realizar unha inscrición previa na oficina de Turismo de Curuxeiras, que permanece aberta os sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 horas; ou ben chamando aos teléfonos: 696 531 070. Así mesmo e co obxectivo de dar continuidade á ruta de turismo industrial ao longo de todo o ano poderanse visitar, pero sen guía, outros elementos da Ruta da Construción Naval como o Castelo de San Felipe, o Museo Naval e Exponav.

Visitas na ponte da Constitución

Un total de 29 participaron, entre os días 6 e 8 de decembro, nas visitas guiadas da Ruta da Construción Naval con motivo da ponte da Constitución. Así, durante este período de tempo, foron 17 as persoas que visitaron o Arsenal Militar e 12 as que percorreron o estaleiro de Navantia.

11 de decembro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.