publicidade hoxe

Cinco restaurantes de Cervo exaltarán a carne de caza no terceiro Venres Gastronómico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso e responsables de bares e restaurantes de Cervo presentaron hoxe o cartel do terceiro Venres Gastronómico deste ano, unha iniciativa de exaltación de produtos de calidade, de temporada e típicos da zona. Nesta ocasión a xornada será este venres, 13 de decembro e o produto estrela a carne de caza, especialmente o corzo e o xabaril.

Cinco son os bares e restaurantes das parroquias de Cervo e Sargadelos que organizan e participan nesta iniciativa, na que colabora o Concello de Cervo: Pousada O Almacén, O Casteo de Copa, Río de Oro, Bar O Zoco e Bar de Figuerido. Cada un deles preparará a carne cunha receita diferente e en forma de tapa, que se poderán degustar por un prezo módico.

Os locais comezarán a servir as tapas a partir das 20:30 e ata as 23:30 horas. Será ás 23:45 cando teña lugar o habitual sorteo de produtos gastronómicos, nesta ocasión no bar O Zoco.  

Os Venres Gastronómicos arrincaron hai unhas semanas coa Festa da Faba, continuaron coa dos cogomelos e agora recorren á carne de caza, tres produtos básicos na gastronomía da comarca que definen a liña a seguir desta iniciativa, que non é outra que “promocionar la riqueza gastronómica de la zona al mismo tiempo que se dinamiza el sector” explica a edil de Turismo.

Cabe destacar que se trata dunha medida que se pretende instaurar nos establecementos participantes e darlle unha continuidade no tempo, de forma que os locais de restauración seguen traballando na programación das seguintes xornadas. 

11 de decembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.