Cinco feridos nun accidente con tres vehículos implicados en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarSucesos
A-
A+
E.P.

Cinco persoas resultaron feridas, entre elas dous menores de idade, nun accidente con tres vehículos implicados rexistrado en Gondomar (Pontevedra), informaron fontes do 112 e do 061.

O sinistro produciuse en torno ás 17,50 horas deste mércores, día de Nadal, na autoestrada AG-57, no termo municipal de Gondomar e consistiu na colisión de tres vehículos.

Ao lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario do punto de atención continuada (PAC) de Nigrán, indicaron as mesmas fontes, que precisaron que requiriron atención cinco persoas, que foron trasladadas a Povisa, en Vigo.

En concreto, trátase de dous menores de idade (un home e unha muller) e tres adultos: unha muller, E.M.S., de 45 anos de idade; un home, F.G.B., de 47 anos, e outra muller, M.P.B., de 46 anos.

25 de decembro de 2013 | 23:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.