publicidade hoxe

Cinco estudantes de AFD en Mos fan prácticas laborais en empresas de Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Fai poucos días o concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, e a orientadora laboral do Concello de Mos visitaron o veciño país de Portugal. A viaxe constistiu nunha visita protocolaria por parte da administración local ás alumnas e institucións ou empresas das localidades de Valença e Monçao nas que estaban a realizar prácticas dos cursos AFD (Accións Formativas para desempregados) impartidos no CDL mosense (Centro de Desenvolvemento Local).

A visita máis importante foi á Cámara de Comercio de Valença, onde os representantes municipais foron recibidos polo presidente da Cámara Municipal, Jorge Salgueiro Méndes. Sobre este encontro Óscar Soto declarou que “durante a visita falamos da situación económica de ambos Concellos, de la Eurorrexión Tui-Valença e informeino do tecido empresarial mosense: do Parque Empresarial Mos-Veigadaña, das novas empresas e superficies comerciais asentadas en Mos, do Plan Municipal de Emprego e da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS”, dixo Soto.

Asimesmo o responsable da área local de Formación e Emprego anunciou que “durante a reunión do outro día co presidente da Cámara Municipal de Valença acordamos a elaboración dun convenio de colaboración entre ambas entidades municipais como dimamizadoras que son da economía do territorio e afondar máis aínda na formación de alumnos de distintas iniciativas que desenvolvemos a través dos cursos AFD da Xunta ou dende calquera outra instiución oficial ou privada”.

Curso Portugués :atención ao público

As alumnas que fixeron prácticas en sendas empresas do país veciño, un complexo termal en Monçao e empresas do sector téxtil en Valença, cursaron previamente no CDL de Mos a acción formativa AFD de Portugués atención ao público. A través das 218 horas teorícas-practicas do curso as alumnas aprenderon a poder resolver de forma fluída e correcta situacións de atención ao público en lingua portuguesa, desenrolando os procesos de comprensión oral e escrita, e expresión oral xenerados por esa actividade. As alumnas aprenderon a manter conversacións en portugués e mellorar as súas expresións idiomáticas, así como a ampliar os seus coñecementos da gramática desta lengua.

Tratouse dun curso moi dinámico e participativo, tras o que as alumnas demandan un curso de perfecionamento. O Concello de Mos ademais facilitou que estas persoas puidesen poñer en situación reais os coñecementos adquiridos polo que se estableceron convenios de colaboración con empresas e entidades públicas de Portugal e da zonas limítrofes á fronteira. Resaltar a gran colaboración que existiu entre a Cámara Municipal de Valença, na mesma cidade ca tenda textil Pippa (roupa e complementos para mulleres) e a Uniâo Empresarial do Vale do Minho (cunha alumna en cada empresa), ademais na cidade de Monçao contouse coa colaboración do Hotel Bienestar Termas de Monçao en concreto da súa directora Ana Cristina Rodríguez Fernández (aquí estiveron facendo prácticas dúas alumnas). Ademais, unha das alumnas realizou as prácticas na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT). A duración das prácticas foi de 40 horas (5 horas dirarias).

O perfil das alumnas participantes era na súa maioría administrativas de formación ou con experiencia en atención ao público.

Este ano a través dos cursos de formación ocupacional dirixidos a traballadores desempregados subvencionados a través da Xunta de Galicia e o FSE, o Concello de Mos, impartiu 5 cursos de formación. Estes cursos perseguen o obxectivo de que as persoas participantes poidan aprender un oficio, especializarse dentro dunha profesión ou ampliar os seus coñecementos. En concreto, os cursos impartidos foron, ademais do de Portugués atención ao público:

Atención sociosanitaria a persoas dependentes no seu domicilio, cun total de 628 horas. Curso fundamental , para todas aquelas persoas que querían traballar nas entidades prestadoreas do servizo de axuda a domicilio, pois segundo se establece na Orde que regula o servizo de axuda no fogar, os traballadores que atendan a persoas afectadas por déficit de autonomía deberán ter este certificado de profesionalidade. Durante este curso as alumnas tamén puideron poñer os coñecementos adquiridos durante a formación teórica xa que dispoñeron de 120 horas de prácticas non laborais en empresas da zona prestadoras do servizo de axuda no fogar.

Inglés atención ao público. Cun total de 218 horas, a través do cal as alumnas participantes puideron aprender cómo actuar en diferentes situacións cara ao público onde sexa necesario poñer en práctica o idiomas inglés.

Xestión de emprego, cun total de 293 horas. A través deste curso, os alumnos coñeceron todos os pasos para necesarios nunha correcta intermediación laboral, como a fase de intervención co demandante e co oferente de emprego, poñendo en contacto a ambas partes para lograr a contratación do primeiro e cubrir as necesidades de persoal daquelas empresas que o demanden. Sendo conscentes da necesidade de coñecer o mercado de traballo, as características de cada posto, a formación que requiren e as condicións laborais, etc.

E iniciación á rede de Internet, cun total de 78 horas .Os alumnos deste curso realizaron operacións básicas dos servizos e aplicacions da rede de Internet.

5 de decembro de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.