Ciclo de cine “En galego, de película” de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través do departamento de Normalización Lingüística ofrece, en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra., unha nova edición do ciclo de cine En galego, de película

O ciclo de cine, En galego de película é un paso máis no fomento da acción social de promoción da lingua galega no sector infantil e xuvenil,  desenvolvido en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización.

Procura  ofrecerlles aos máis novos unha situación ou contexto habitual do seu “mundo”, fóra da escola,  galeguizado.  Esta actividade, non só é  un divertimento  para os máis novos senón que,  a través dunha actividade lúdica, achégaos dende o galego e en galego, á unha das  formas de  expresión cultural  dunha comunidade o cine, e permítelles  reflexionar sobre  a realidade.

Son tres as películas que se ofertan para os diferentes niveis do ensino non universitario. As proxeccións para educación infantil e educación primaria terán lugar no Teatro Jofre  os días  16 e 18 de decembro e as proxeccións para  o ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos, no  Cine Dúplex, os días 17 e 19 de decembro.

Participan nesta actividades 24 centros de ensino tanto de E. Infantil, como de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos cun total de  1950 alumnos e alumnas.

16 de decembro de 2013 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.