publicidade hoxe

Centos de veciños ateigaron a carballeira de Santa Minia no magosto e chocolatada de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Participantes no magosto de Brión

Participantes no magosto de Brión

A pesares das baixas temperaturas, varios centos de veciños e veciñas ateigaron na noite do pasado venres a Carballeira de Santa Minia para participaren no magosto e chocolatada gratuíta organizada un ano máis polo Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza. A festa convocou a un numeroso público que, dende as 19:00 horas e ata ben entrada a noite, gozou das saborosas castañas asadas, dos churros e do chocolate quente que se serviron de balde a todos os asistentes.

O serán estivo amenizado pola música tradicional do grupo “A requinta da Laxeira” chegados dende San Miguel de Sarandón (Vedra). A agrupación, que forma parte da Asociación Cultural San Campio da citada parroquia, interpretou varias pezas musicais que animaron a bailar ao publico, a mellor maneira de escorrentar o frío. Os que non bailaron puideron achegarse ata unha polbeira, montada especialmente na carballeira para esta ocasión, aínda que estas consumicións xa correron do peto de cadaquén.

2 de decembro de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.