publicidade hoxe

Celanova pon en marcha un programa de “asesoramento a particulares sobre actuacións de rehabilitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

Dende esta mesma semana todo o servizo de arquitectura e de asesoramento a particulares sobre actuacións de rehabilitación incluídas no ámbito da área de rehabilitación integral de Celanova e Vilanova dos Infantes cos que conta o Concello de Celanova e que ata o de agora viñan funcionado como dous departamentos estancos, comenzará a ofrecer os seus servizos nun só departamento que está situado nos baixos da Casa do Concello.

Este departamento está atendido polo arquitecto municipal, unha arquitecta técnica e unha auxiliar administrativo que realizará os labores administrativos para todo canto teña que ver co servizo de arquitectura municipal, estea ou non estea situado no ámbito das zonas de protección patrimonial ou tanto dentro como fóra do casco urbano.

Ademais dos servizos de asesoramento e control urbanístico e arquitectónico tamén se ofrecerán dende esta oficina os de asesoramento naqueles casos específicos de rehabilitación exterior e interior no marco dos cascos antigos de Celanova e Vilanova, así como asesoramento e tramitación das posibles axudas destinadas á rehabilitación nestas áreas.

17 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.