Cedeira organiza a primeira edición da Carreira San Silvestre o día de Fin de Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraDeportes
A-
A+

O Concello de Cedeira organiza este ano a primeira edición da Carreira San Silvestre. Unha cita con vocación de continuidade no calendario deportivo da vila. Celebraráse o 31 de decembro, día de Fin de Ano, pola tarde, a partires das 16,30 horas. Así, a praza do Sagrado Corazón será o punto de saída e de meta.

Dende o Concello sinálase que a carreira está aberta a todas as idades e todos os niveis e que se trata dunha cita non competitiva na que non haberá nin premios nin clasificación. Incluída no circuito Cedeira Deporte 2013/2014, as persoas interesadas en tomar parte poden inscribirse dende xa e ata as catro da tarde do mesmo día da proba enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo cnatacioncedeira@gmail.com. A Carreira está organizada polo Concello de Cedeira, a través da Concellería de Deportes, e polo Club Natación Cedeira Muebles García e conta coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

23 de decembro de 2013 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.