Catro vitorias e unha derrota, na primeira xornada do II Torneo Internacional “O Salnés 2013”
Catro triunfos e unha derrota para as seleccións galegas na primeira xornada do II Torneo Internacional Deputación de Pontevedra “O Salnés 2013” infantil e cadete, que comezou hoxe na comarca do Salnés. A selección galega cadete feminina tivo un magnífico inicio, con dúas vitorias, mentres que a masculina perdeu fronte a Cantabria. Na categoría infantil, dous cómodos triunfos para os combinados galegos.
Cadete feminino
Galicia, 22-Brabant, 17. O campionato comezou coa disputa do Galicia-Brabant na categoría cadete feminina e as galegas lograron a vitoria. Comezaron un pouco nerviosas polo debut, pero aínda así sempre foron mandando no marcador con distancias curtas. Ao descanso, 13-12. Tralo paso polos vestiarios, as rapazas galegas lograron estar moito máis cómodas sobre a cancha e foron aumentando as distancias. Ao remate, 22-17 para Galicia, que tiña que volver a xogar pola tarde.
Galicia, 22: Noa Martín, Sara Alonso, Daniela Carranza, Paula Alonso, Carmen Prelchi (2), Nerea Bouzón (4), Sandra López (6), María Pereiro, Uxía García (2), Beatriz Sola (1), Paula Amorín, Lara Patiño (5), Carmen Pereira (1), Raquel García, Laura Rúa (1) e Laura Piñeiro.
Brabant, 17: Laura Govaarts, Hilde Loonen, Femice Loonen (4), Yuette Molenaart (1), Maarlye De Kort (5), Henriette Geerts, Lissa Wÿnen, Carlyn Mulder (1), Janneke De Kort (1), Kaylee Benthen, Linde Verharren(5).
Galicia, 25-Cantabria, 11. Pola tarde, Galicia foi moi superior a Cantabria dende o inicio, xa que comezou o choque cun parcial de 3-0, que despois foi crecendo grazas a unha boa defensa. Ao descanso, 14-6 para as galegas, que na segunda parte xogaron con moita tranquilidade polo amplo resultado (25-11).
Galicia, 25: Noa Martín, Sara Alonso, Laura Piñeiro (1), Daniela Carranza, Paula Alonso (1), Carmen Prelchi (1), Nerea Bouzón (1), Sandra López (3), María Pereiro (1), Uxía García (3), Beatriz Sola, Paula Amorín (3), Lara Patiño (5), Carmen Pereira (1), Raquel García, Laura Rúa (5).
Mañá, Galicia xogará o terceiro partido do torneo contra Asturias (10:30 horas, Meaño) que será decisivo.
Cadete masculino
Galicia, 18-Cantabria, 23. A selección galega comezaba o torneo enfrontándose a Cantabria. O partido comezou cos locais mandando no
marcador nos primeiros minutos, pero despois do empate a cinco tantos no minuto 10, Cantabria conseguiu escaparse no marcador. Os segundo 15 minutos da primeira metade, cun parcial de 7:0 a favor dos cántabros foi clave, xa que dende ese momento xogaron con moita tranquilidade. Así, chegaron ao descanso cunha ampla vantaxe (6-13). Na segunda metade, Cantabria mantivo aos galegos a distancia e non sufriu para garantir a vitoria (18-23). Brais López foi o máximo goleador do equipo galego.
Galicia, 18: Ángel Rodríguez (4), Óscar Broullón, José López, Brais López (5), Pedro Toimil (1), Antón Rodríguez, Sergio Altirriba, Pablo García (1), Carlos Vilanova (1), Marcos Pérez(2), Daniel Ramos (2), Diego Freijeiro (1), Sergio Lorenzo, Nico Nantes (1), Uxío García, Raúl Nogueira.
Cantabria, 23: Sergio Pérez, Mario Ibáñez (5), Manuel Segovia (2), Jonathan Arteaga (1), Mario Hernando, Carlos Lastra, Ángel J. Sendino (3), Jorge Gallego (1), Javier Valverde (3), Borja Martín (4), Juan Schallcrass (2), José M. Urrutia, Pablo Revuelta (1), Manuel A. Ferreira (1), Pablo Santonena.
Mañá, Galicia tentará esquecer esta derrota para enfrontarse primeiro a Castela e León a partir das 12:00 horas en Meaño e despois a Asturias (19:30 horas, Meaño).
Infantil masculino
Galicia 29,-Cantabria, 22. O equipo galego controlou o partido en todo momento, grazas a unhas moi boas transicións e cun ritmo de xogo moi áxil. Así, ao descanso chegaron un claro 15-9, que foi confirmado na segunda metade.
Galicia: Miguel Mouriño (1), Jorge Varela (3), Martin Gayo (5), Andrea Marie Pichel, Daniel Fernández (2), Bruno Vázquez (1), André Giráldez (2), Álvaro Preciado (3), Carlos Veloso (2), Javier Figueroa (2), David Fonseca, José Leiras (2), Daniel Gonçalves, Francisco José Rey (2), Andrés Vila (4)e Roi Adrián Alfeirán Villar.
Mañá, Galicia enfrontarase a Asturias ás 18:00 horas en Sanxenxo.
Galicia, 25- Cantabria, 11.O resultado final pode indicar un partido moi sinxelo para as galegas, pero na primeira parte non o tiveron moi fácil, e incluso estiveron por detrás no marcador (2-3, min. 10). Pero todo cambiou a partir de ese momento. As galegas apertaron en defensa e con xogaron con rapidez en ataque e lograron poñerse por diante. Ao descanso, 11-8. A segunda metade, foi un paseo para as locais, mentres que Cantabria só foi capaz de marcar tres goles en 25 minutos. O parcial desta segunda parte foi demoledor: 14-3.
Galicia: María Pereira (1), Julieta Álvarez, Paula Barciela (3), Uxía Ferreiro (1), Elia Dávila (3), Sandra Sánchez (3), Ruth Sánchez (1), María Álvarez (2), Zara Barrios (3), Fátima Fernández (3), Andrea Fernández, Ainoa Da Rocha (1), Uxía López (2), Begoña Otero, Sara Domínguez, Raquel Sineiro (2).
Mañá, contra Asturias (16:30, Sanxenxo).
Esta competición, que se celebra en Cambados, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo, servirá como preparación para as seleccións territoriais que disputarán a comezos de xaneiro (2-7) en Asturias o Campionato de España.