Campaña solidaria de recollida de alimentos en Cedeira a favor de Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Confraría da Virxe do Mar de Santa Ana levará a cabo este sábado, 14 de decembro, unha recollida de produtos alimenticios a favor de Cáritas. Uns quince membros da cofradía participarán na iniciativa solidaria durante toda a xornada. Así, perfectamente identificados desprazaránse aos supermercados para solicitar as donacións de veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, instalarán pequenas caixas para o depósito dos alimentos no pequeno comercio local. É a cuarta ocasión no que vai de ano na que a cofradía realiza esta iniciativa, con moi bos resultados. Dende o colectivo agradécese a colaboración e solidariedade da cidadanía e invítase a reeditala este sábado.

11 de decembro de 2013 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.