publicidade hoxe

Cambios na circulación por obras nas rúas coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa os cambios de circulación que se producirán na cidade:

-Mañá, martes 10 de decembro, entre as 16.00 e as 19.00 horas, será necesario o corte de carril de subida -dándose tráfico alternativo con sinais de obra- debido á apertura de arqueta de R na rúa Veramar, números 1-3, para revisión de equipos.

-A montaxe da iluminación do Nadal en Juana de Veiga e Durán Loriga obriga a realizar unha serie de modificacións no tráfico. Así, en Durán Loriga, á altura dos números 2 e 6, desviarase a circulación por cálea Hortas entre as 10.00 e as 10.30 horas de mañá, martes 10 de decembro. Entre as 10.30 e as 12.30 horas realizarase a montaxe da iluminación en Juana de Veiga, á altura delnúmero 19, sendo necesario o desvío do tráfico de saída cara a Durán Loriga.

-Obra de fresado e asfaltado na avenida Monelos (números 201-219) e praza da Milagrosa, que comezará mañá, día 10, ás 08.30 horas, e terminará o xoves, 12 de decembro. Os traballos realizaranse en horario diúrno e os de aglomerado en horario nocturno. Na avenida de Monelos manteranse sempre dous carrís libres, salvo a noite do 11 ao 12 de decembro, que quedará un carril libre, dándose tráfico alternativo con sinais de obra. O mércores, entre as 15.00 e as 19.00 horas, será necesario o corte do acceso desde Alfonso Molina á praza da Milagrosa.

-O mércores, 11 de decembro, será necesario o corte de carril na rúa Montroig, á altura do número 4, para a apertura de arqueta e con motivo da instalación de fibra óptica. Desviarase o tráfico pola zona reservada de estacionamento.

-Os próximos días 13 e 14 de decembro, con motivo do desmonte do guindastre de obra existente no CHUAC, será necesario o corte total do ramal de subida a Urxencias entre as 09.00 horas do próximo venres e as 22.00 horas do sábado. Cambiarase o sentido actual de circulación para posibilitar a saída por Eirís, xa que non será posible a saída a través das Xubias. Os autobuses urbanos darán a volta na glorieta de entrada ao hospital e cambiarase de sentido a parada de taxis.

-O vindeiro sábado,día 14, entre as 08.00 e as 14.00 horas, será necesaria a ocupación do carril esquerdo da avenida de San Cristóbal, en dirección Alfonso Molina, para a execución de unha barreira de formigón na nova glorieta de Lonzas. 

9 de decembro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.