publicidade hoxe

Cambian a prol do Concello das Pontes as Avenidas de Galicia, poboado das Veigas, Castelao, Ortigueira e das Campeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs Pontes
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto de cambio de titularidade das avenidas Castelao, de Ortigueira, das Campeiras (AC-119) e das avenidas de Galicia e do Poboado das Veigas (AC-118), a prol do Concello das Pontes. A primeira das estradas autonómicas é a AC-118 (As Pontes (AC-861) – As Pontes (AC-101)), de 1,8 km, vai desde a intersección coa estrada AC-861 ata a rotonda de intersección coas estradas AC-105 e AC-101. A segunda AC-119 (As Pontes (AC-118) – As Pontes (AC-101)), ten unha lonxitude de 2,6 km e discorre desde a intersección coa AC-118 ata a intersección coa AC-101. En total, as dúas estradas suman 4,4 quilómetros.

Estas dúas estradas están integradas no núcleo urbano das Pontes conformando dúas rúas do dito municipio con beirarrúas en todo o seu percorrido, edificacións e servizos urbanos polo que adquiriron características de tramo urbano.

O Concello das Pontes solicitou o cambio de titularidade das estradas referidas que, actualmente, son autonómicas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade.

O expediente tramitouse ao abeiro dos artigos 5 e 54 da Lei de estradas, que establece que os cambios de titularidade se aprobarán por Decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Compromisos

O Concello das Pontes deberá incorporar ao seu Plan de Estradas as vías a que se refire este decreto, así como facerse cargo do seu mantemento. Ademais, correspóndenlle ao municipio, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular.

A entrega das mesmas formalizarase no prazo dos dous meses, a contar a partir de mañá, mediante a sinatura da acta de entrega.

4 de decembro de 2013 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.