Cabanas acolle a charla de seguridade vial “Mira que te miren”
O Concello de Cabanas en colaboración coa Garda Civil de Tráfico ten previsto organizar mañá mércores unha charla que se encadra dentro da campaña “Mira que te miren”. O lugar escollido para a súa celebración será o Salón de Plenos do Concello, a partir das 20:00 horas.
Trátase esta dunha iniciativa destinada ós peóns, sendo unha campaña de sensibilización viaria fronte ós atropelos e que se leva a cabo coincidindo cos meses máis vulnerables do ano. O seu obxectivo non será outro que o de reducir os accidentes nas estradas galegas. Esta iniciativa centrarse sobre todo na concienciación dos peóns e condutores antes esta forma específica de accidentalidade. En concreto, no outono e inverno acumúlanse o 61% das mortes por atropelo.
Por medio de charlas formativas como a que se celebrará en Cabanas buscarse concienciar a peóns e condutores tanto en zonas interurbanas como rurais. Neste sentido farase entrega os asistentes da charla dun chaleco reflectinte de forma gratuíta.