Caballero convida a realizar as compras do Nadal no mercado de “De Boa Man”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero achegouse hoxe á rúa Príncipe para visitar as carpas do mercado de “De boa man”, unha vez que Concello e Centro Príncipe volven colaborar neste proxecto dirixido á integración social e laboral das persoas con discapacidade. En declaracións aos medios de comunicaición, o alcalde explicou que o obxectivo é que os productos elaborados polos propios discapacitados “formen parte central das compras de Nadal dos vigueses”. Ademais de involucrar a toda a sociedade sobre a necesidade de integración, dixo, ofrécese un mercado “alternativo e solidario”.

As carpas instaladas no comezo da rúa Príncipe estarán abertas durante toda esta semana en horario ininterrumpido entre as 10,00 e as 20,00 horas. Este ano as entidades participantes son: ASEM, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI, FAMFIP-COGAMI E REHABILITACIÓN-REBULLÓN.

10 de decembro de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.