publicidade hoxe

Boiro acolle unha mostra fotográfica de Isidro Cea e un circo máxico de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A partir de hoxe e ata finais de xaneiro do 2014, na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz de Boiro, poderase ver a exposición do fotógrafo Isidro Cea ANXOS DEMOS… E OUTROS RETRATOS “DIVINOS DE LA MUERTE”.

Nadal Solidario

Por outra banda, a Casa da cultura “Ramón Martínez López” acollerá un espectáculo de Circo Máxico de Nadal o vindeiro venres día 3 de xaneiro ás 20:00 h.

O circo máxico do nadal é un espectáculo familiar apto para todos os públicos no que a parodia, o malabarismo, a comedia e o teatro mestura coa maxia. A través deste espectáculo de variedades con ambientación centrada nas festas do Nadal, o protagonista do show dálle vida a algúns dos personaxes típicos destas datas (Santa Claus, Rudolf, …). A recadación será destinada a Cáritas parroquial.

30 de decembro de 2013 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.