Bertamiráns celebrou o I Maratón Fitness Solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesDeportes
A-
A+
Participantes no maratón solidario

Participantes no maratón solidario

O pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu esta mañá o I Maratón Fitness Solidario, organizado polo Concello de Ames e Serviocio, concesionaria da xestión do Centro Deportivo Municipal A Telleira. Desde as 11:00 horas houbo actividades dirixidas de Fit Zumba, Body Combat e Sh´ Bam. O obxectivo desta iniciativa foi celebrar unha xornada lúdica, festiva e deportiva na que puideron participar nenos/as e adultos/as, á vez que colaboraron nun acto solidario. A inscrición foi gratuíta doando alimentos non perecedoiros.

O maratón constou de tres actividades, impartidas polos traballadores de Serviocio, nas cales se intentou implicar ao maior número de persoas. Foron  actividades bailadas e divertidas para todos os públicos e idades. Deste xeito, intentouse favorecer a participación de todos os membros da familia. As actividades tiveron unha duración de 45 minutos aproximados e estiveron destinadas a todos os públicos.

28 de decembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.