publicidade hoxe

Becas e axudas ao estudo do Concello de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe, ás 17:00 hs, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde  Demetrio Salgueiro  e da concelleira de servizos sociais Ana Abad, a entrega das axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.

Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:

-15 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 15.910,31 €.

-6 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.772,87 €.

-8 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 7.500 €.

-35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.2400 €.

-2 para máster, que suman un total de 1.000 €.

En total o Concello invisteu nestas becas e axudas  a cantidade total de  30.423,18 €.

23 de decembro de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.