publicidade hoxe

Asociacións de mulleres e Anpas da provincia de Ourense reciben unha achega de 117.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, vén de conceder máis de 117.000 euros a un total de 69 asociacións de mulleres e asociacións de nais e pais de alumnos/as (Anpas) co fin de fomentar a participación das mulleres e promover actividades extraescolares que permitan a conciliación da vida familiar e laboral.

A resolución destas axudas, que veñen de ser publicadas no DOG de hoxe, reflicte a aposta do Goberno galego –coa colaboración do Fondo Social Europeo- por fortalecer e consolidar o movemento asociativo das mulleres e por impulsar medidas que permitan conciliar a vida familiar e laboral ás mulleres dentro da nosa comunidade. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, indicou que o Executivo galego seguirá apostando por este tipo de medidas xa que “consideramos que redunda nunha maior eficiencia laboral e en beneficios para a cidadanía”.

En total son 57 as asociacións de mulleres e federacións da provincia de Ourense que van percibir estas axudas que oscilan entre os 224 aos 3.000 euros, para a impulsar a participación das mulleres e reforzar o movemento asociativo feminino, indispensable na promoción de igualdade de oportunidades.

As axudas concedidas na provincia de Ourense distribúense en dúas liñas. A liña 1, correspondente á consolidación do movemento asociativo, reparte un total de 27.053 euros entre 19 asociacións. A segunda liña na que colectivos ourensáns obtiveron subvención encádrase na liña 3, destinada á promoción de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade. Neste apartado foron un total de 38 asociacións as beneficiadas cunha partida de 50.403 euros.

12 Anpas beneficiadas

Polo que respecta ás achegas destinadas a Anpas, 12 serán as asociacións da provincia ourensá que percibirán apoio económico a través desta liña específica. Estes colectivos de pais e nais de alumnos/as recibirán axudas que abranguen dende os 370 euros ata os 6.000 a realización de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

16 de decembro de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.