publicidade hoxe

Asínanse os contratos para a creación de saneamentos en Vilela e mellora de abastecemento en Goiáns e Ardaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes de Viaqua veñen de asinar na Casa do Concello o contrato administrativo para a realización das obras de “Mellora de abastecemento en Xoane (parroquia de Goians) e Carracedo (parroquia de Ardaña), Concello de Carballo (A Coruña)”, que foi adxudicado por 91.925,55 euros; e o contrato administrativo para a dotación dunha “Rede de saneamento en Castelo, 2ª Fase, parroquia de Vilela, Concello de Carballo (A Coruña)”, un proxecto que ten un prezo de adxudicación de 112.827,65 euros. As dúas actuacións están incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) de 2013, que inclúen un terceiro proxecto de “Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns, Carballo, no Concello de Carballo”, que será levado a cabo por Construcciones Ramón Vázquez y Reino por un prezo de 84.458 euros (IVE incluído) e cun prazo de execución de 90 días. A empresa subscribiu esta mesma semana o contrato na Alcaldía. O importe conxunto das melloras incluídas no POS de 2013 acada os 289.211,2 euros. Ademais, nestes momentos estase estudando a posibilidade de realizar o Plan Complementario coas baixas derivadas da contratación das actuacións do POS 2013, que incluiría un proxecto de rebacheo de camiños.

Por outra banda, xusto despois da sinatura con Viaqua, a Alcaldía tamén acolleu o acto de sinatura do contrato de obras de “Mellora da eficiencia enerxética en instalación de climatización de piscina pública”, referente á piscina Carballo Calero e que realizará a empresa Fontanería Protec. O prezo de adxudicación é de 104.532,87 euros (IVE engadido). O prazo de execución desta obra é de 30 días naturais a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replantexamento. Dende a empresa explican que hai un peche programado para as instalacións da piscina entre o luns 23 de decembro e o mércores 1 xaneiro no que se aproveitará para realizar boa parte dos arranxos.

12 de decembro de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.