As Xuventudes Socialistas de Oroso realizan unha campaña solidaria cos damnificados de Filipinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Coa finalidade de obter fondos para axudar aos afectados polo recente paso do tifón “Yolanda” polas terras filipinas, as Xuventudes Socialistas de Oroso levou a cabo unha campaña solidaria durante o día 7 de decembro na praza Isaac Díaz Pardo.

Baixo o nome de ‘SOS Filipinas’, a organización xuvenil socialista comezou a acción solidaria a través da venta de chocolatinas do comercio xusto para destinar todolos fondos obtidos a paliar as graves consecuencias deste fenómeno meteorolóxico, que causou unha gran desolación o pasado 8 de novembreo na rexión central do archipélago filipino.

Segundo as autoridades filipinas, xa se contan máis de 5.600 falecidos, máis de 26.000 feridos e unhos 1.700 desaparecidos polo tifón, que deixou 10 millones de damnificados na rexión de Bisayas Oriental. Segundo o último informe do centro de desastres filipino, os danos superan os 514 millóns de euros, mentres que as casas dañadas superan o millón.

Desde Xuventudes Socialistas pretendese colaborar co pobo filipino a través da ONG Alianza por la Solidaridad, colectivo ao que se ofrecerá todolo recaudado con esta venta de chocolatinas. Esta campaña estase a levar a cabo coordinadamente ao longo do territorio galego e tamén do territorio nacional.

7 de decembro de 2013 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.