As veciñas de Ponte Caldelas aprenden a elaborar produtos con herbas medicinais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+

Unha vintena de veciñas de Forzáns, en Ponte Caldelas, aprenden durante estes días a coñecer e manexar diferentes herbas medicinais que existen na nosa contorna. Fano no marco do curso “Herboristería: herbas medicinais” que a Asociación de Veciños de Forzáns organiza dentro do programa “Pensa en ti”, financiado pola Deputación de Pontevedra.

A deputada Ana Isabel Vázquez tivo ocasión de coñecer e de probar algúns dos produtos que elaboran durante unha visita que realizou ó curso, co obxectivo de intercambiar opinións tanto sobre o funcionamento desta actividade en concreto, coma do programa “Pensa en ti” en xeral.

Os participantes no curso explicáronlle algún dos coñecementos que puideron adquirir nestes días e déronlle a probar unha infusión de estrugas que, a xuízo da deputada, “tiña moi bo sabor”. Así mesmo, amosáronlle outras creacións como cremas con base de salvia para a artrose e outras similares.

Ana Isabel Vázquez valorou a “notable actividade” que mantén esta asociación, que cada ano elixe un novo curso do programa “Pensa en ti”, co obxectivo de lles achegar coñecementos variados ós veciños e veciñas de Ponte Caldelas e que, ademais, organiza numerosos actos ó longo do ano.

17 de decembro de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.