As rúas de Ordes e das parroquias do Concello xa lucen a iluminación de Nadal
As principias rúas da vila e das parroquias do Concello de Ordes exhiben xa a nova iluminación de Nadal. Na noite de onte procediuse o acendido dos novos sistemas que perdurarán así ata o remate das festas. Deste xeito dende o Concello queren dar un pulo ó consumo local nestas datas, á par que anima á veciñanza a participar nas actividades previstas nos vindeiros días. Por estes motivos prestouse unha especial atención naqueles puntos con maior presenza comercial, sin esquecerse por elo das principias zonas de recreo como pode ser a Alameda ou a igrexa parroquial de Santa María. Todo este sistema de iluminación verase incrementado con máis módulos e unidades a partir do 5 de xaneiro, de cara á cabalgata que traerá ata a vila de Ordes as SSMM os Reis Magos de Oriente.
A instalación consta de tecnoloxía LED combinada con bombillas tradicionais de baixo consumo, que non superan os 25 w. preténdese con elo reducir ao máximo o custo e velar polo Madio Ambiente.