publicidade hoxe

As oficinas xuvenís do Baixo Miño organizan unha viaxe a neve

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaBaionaO RosalSalceda de CaselasTomiñoXuventude
A-
A+

A Oficina Municipal de información Xuvenil de Gondomar (OMIX), xunto coas de Baiona, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Salceda de Caselas pon en marcha  unha fin de semana de esquí ou snow en San Isidro, no que poderán participar mozos e mozas  preferentemente de 18 a 35 anos.

Todo o que desexe iniciarse neste deporte ou pasar unha boa fin de semana esquiando ten a súa cita marcada para a fin de semana do 7 ao 9 de febreiro en San Isidro.

Ofértanse distintos prezos segundo necesidades, que van de 153€ (só esquiar) a 193€ (con clases e material) a fin de semana. En todos eles se inclúe: autobús, aloxamento, manutención, seguros e forfait para os dous días completos.

Os interesados/as poderán obter máis información e inscribirse chamando á OMIX de Gondomar no 986.369.746, ata o vindeiro 17 de xaneiro.

23 de decembro de 2013 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.