As mulleres de Xustáns entregan alimentos, xoguetes e material escolar aos servizos sociais de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns fixo entrega das achegas recollidas nesta parroquia e zonas lindeiras, consistentes en alimentos non perecedoiros, roupa, xoguetes e material escolar que foron entregadas a Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas para a súa posterior distribución entre as familias máis necesitadas, que ao longo deste ano recorreron a este departamento.

O Concello de Ponte Caldelas agradece á directiva desta Asociación de Mulleres a súa iniciativa solidaria nestas datas do Nadal. A roupa recollida pola Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns e entregada aos Servizos Sociais do Concello será remitida por o  Concello a Cáritas da Insua, institución, coa que colaboran habitualmente, a cal dispón de almacén e experiencia suficiente na súa repartición para que proceda a unha adecuada administración das pezas doadas.

Así mesmo, desde o departamento de Servizos Sociais do Concello agradecen  ás entidades sociais e culturais do municipio, este tipo de iniciativas solidarias que no caso de Ponte Caldelas, existe unha experiencia acreditada desde fai máis dun lustro a través do Concerto Solidario organizado por Os Coribantes e a recollida de alimentos que realiza a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns.

Os Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas manifestan que cada vez se reciben menos artigos do banco de alimentos que destina a Unión Europea aos pequenos municipios, polo que actuacións deste tipo axudan a complementar cada vez máis a demanda existente de atención a familias con graves problemas económicos.

13 de decembro de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.