As máis importantes escudarías e clubs clásicos participarán no I Salón Motor Classic da Estrada
O próximo día 14, comeza no recinto feiral estradense unha dobre mostra expositiva que contará con preto de noventa asinas presentes: corenta e cinco pertencen ao I Salón Motor Classic, vinte e cinco anticuarios e dezaseis artesáns participan na 42º Feira de Antigüidades e Artesania.
A inmensa maioría dos expositores pertencen á nosa Comunidade Autónoma, secundados por outros procedentes do resto de España e Portugal.
Nos pavillóns tres, catro e cinco, xunto con os recambistas presentes que superan a vintena, exporanse máis dun centenar de vehículos (Automóbiles, tractores, autobuses e motocicletas). Os vehículos máis antigüos datan dos anos corenta e cincuenta do século pasado.
O I Salón Motor Classic, conta a presenza de numerosos Clubs Clásicos, procedentes da nosa Comunidade e así mesmo, coa presenza de numerosos particulares e empresas privadas que achegan as súas pezas de colección privada para deleitar a todos os visitantes.
O recinto feiral, dispón dunha zona de aparcadoiro especialmente dedicada a todos os visitantes que acudan cos seus vehículos clásicos .A entrada ao recinto é gratuíta para o público que poderá visitar o evento en horario ininterrompido de dez a vinte horas.











