publicidade hoxe

As contas municipais de San Sadurniño alcanzarán no vindeiro exercicio os 2.5 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSan Sadurniño
A-
A+

A redución principal con respecto a 2013 vese no capítulo 6, o dos investimentos. Ademais da obrigatoriedade legal de conter o gasto cómpre ter en conta que este ano se consignaron obras de envergadura como a do arranxo do edificio anexo ao Pazo da Marquesa -orzamentadas en 345.000 euros- que xa están rematadas e que, polo tanto, xa non figurarán no próximo orzamento.

O goberno local fala dunha previsión de orzamentos “moi restrictiva tanto pola parte do gasto coma do ingreso”, aínda que sinala que esta previsión se verá modificada á alza ao longo de 2014 coa participación en programas provinciais como o DTC 94.

O documento que se someterá á avaliación plenaria este venres pola tarde incide no mantemento de servizos e na contención do gasto corrente a pesar do máis que seguro incremento de custes como o do prezo dos combustibles, o da electricidade ou o do canon de SOGAMA. Con todo, os orzamentos de 2014 non contemplan subas de impostos e taxas que, tal e como indican as ordenanzas, só se incrementarán na porcentaxe que indique o IPC.

O pleno municipal extraordinario dos orzamentos está convocado para as 19.30h. no salón de sesións da Casa do Concello. Canda este punto tamén se incluiu na orde do día o de aprobar a acta anterior e unha corrección de erros na ordenanza que regula a actividade da saca de madeira no territorio municipal.

19 de decembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.