As charlas da Policía vilagarcián para a prevención de atropelos contaron cunha asistencia media de 18 persoas por sesión
As charlas de sensibilización que está a desenvolver a Policía Local polos centros socio culturais do municipio para previr atropelos están tendo unha boa acollida por parte dos veciños. As sesións celebradas ata o de agora contaron cunha media de asistencia por actividade de 18 persoas. A campaña “Mira que che miren” continúan a vindeira semana con charlas nos centros sociais do Ramal, Castroagudín e A Torre, e a seguinte semana nos de Rubiáns e Cea.
As charlas celebraranse o mércores 11 no centro socio comunitario da Xunta de Galicia no Ramal (edificio fronte a paria da Concha) ás 17 horas. O Xoves 12, no centro socio cultural de Castroagudín ás 20:00 horas e o venres ás 19:00 horas no da Torre. O mércores 19 retómase a actividade en Rubiáns, cunha sesións no centro socio cultural ás 20:00 horas e o xoves, 20 de decembro á mesma hora en Cea.
A DGT promove a campaña “Mira que che miren” coa colaboración da Xunta de Galicia e da Policía Local que é quen imparte as charlas en Vilagarcía. A iniciativa está dirixida tanto a condutores como a peóns e consiste na combinación de accións formativas a través de charlas a usuarios da vía, con accións preventivas, entre as que destaca tamén a labor de concienciación por parte dos axentes de Tráfico aos condutores e peóns des vías interurbanas e nas zonas rurais, e por parte da Policía Local nas vías urbanas.
Nas sesións que imparte a Policía repartiranse chalecos reflectires aos asistentes para fomentar o uso desta prenda entre os peóns, xa que se trata dun elemento de seguridade moi importante durante as horas do día nas que a luz e moi tenue e durante a noite, xa que facilita a visibilidade da persoa por parte dos condutores. Os axentes darán consellos e informara aos asistentes con audiovisuais sobre os erros máis comúns que se cometen e que poñen en perigo a vida dos peóns.











