publicidade hoxe

As celebracións do Día Internacional das Persoas con Discapacidade péchanse en Tomiño coa solta de globos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Actividade de solta de globos

Actividade de solta de globos

A asociación de persoas con discapacidade do Baixo Miño “Vontade” pechou hoxe os actos de conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (o 3 de decembro), cunha solta de globos na Praza do Seixo, xunto á Casa do Concello.

Cada un dos globos que lanzaron veciños e veciñas que pasaban xunto deles, ían acompañados dunha mensaxe escrita, na que as persoas podían escribir os seus desexos ou peticións, tal coma fixeran o pasado luns cos alumnos do IES de Tomiño, coa colaboración do Centro de Día.

A finalidade deste acto foi a promover a concienciación e sensibilización da sociedade con respecto ás persoas con discapacidade, no que se refire á súa integración na vida social e comunitaria e na preservación dos seus dereitos. Na contraportada das tarxetas que levaban atadas os globos viaxeiros, Vontade informa de que na celebración do próximo ano “confeccionaremos un mapa co lugar e o nome de todas as persoas que atopen esta mensaxe”.

4 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.