As brigadas de mantemento de Ponte Caldelas mitigan os efectos da ciclogénesis explosiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Operarios do servizo de mantemento do Concello de Ponte Caldelas percorren os principais viarios de comunicación interior do municipio co fin de mitigar os efectos do paso da ciclogénesis explosiva e en previsión de que as novas borrascas que ameazan con entrar de novo, nas próximas horas, na Península Ibérica polas Rías Baixas non provoquen máis danos.

As brigadas de mantemento centran a súa urxente intervención na retirada de árbores que obstruyen o paso nos viarios do municipio ou no corte daqueles que ameazan o seu esborralle sobre a vía pública, ademais de proceder á limpeza das ramas e restos de cortizas que supoñen un perigo para a seguridade viaria. Así mesmo, os operarios procederon a recoller sinais danados polo efecto do forte vento sufrido nos pasados días e a proceder ao seu recolocación naqueles casos nos que era posible.

Tamén se procedeu a recolocar de novo colectores de recollida de lixos e demais elementos do mobiliario urbano que foran movidos por efecto do forte vento. Está a realizarse tamén unha revisión urxente de tajeas, cunetas, tragantes e aliviadoiros de augas pluviais co fin de desatascar as follas, ramas e demais material arrastrado por efecto do vento e a choiva.

Así mesmo, en previsión de que nas próximas horas cheguen novas borrascas con abundante choiva procedeuse, por parte dos operarios municipais, a revisar as inmediacións do río Verdugo co fin de preservar, no posible, os efectos do previsible aumento do seu caudal e a forza das augas que adoita arrastrar troncos, árbores e demais sedimentos fluviais.

26 de decembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.