publicidade hoxe

Ares programa diversas actividades na Casa da Xuventude para as festas do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares programa diversas actividades na súa Casa da Xuventude co gallo da celebración das festas de Nadal, que se desenvolverán entre os días 20 deste mes e o 10 de xaneiro. Un dos principais reclamos é, sen dúbida, a segunda edición da Party Informática “Informatizares”, para a que haberá que inscribirse previamente na OMIX ou na mesma Casa da Xuventude nos seus respectivos horarios de apertura.

Outra das actividades previstas para estes días e o espazo Cineclube, unha iniciativa que, dirixida aos usuarios e usuarias destas instalacións municipais, contempla a reserva dun espazo para a proxección de películas educativas con valores sociais.

Finalmente, durante eses días a Casa da Xuventude acollerá diversas actividades dirixidas a potenciar o usos deste edificio municipal, tanto a través de circuitos de xogo nas consolas, como de xogos tradicionais (xadrez, parchís ou tenis de mesa, entre outros).

Todas estas actividades da área de Mocidade –dirixida por Victoria Montenegro- veñen completar ás promovidas tamén por estas festas polas Concellarías de Cultura –Eugenio Fernández- e Deportes –José Juan Vilar-.

13 de decembro de 2013 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.