publicidade hoxe

Ares mellora a infraestrutura 3G e ADSL e dota de internet por satélites ao 2% da poboación que quedaba fóra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal Portada
A-
A+

O 98% dos habitantes de Ares dispoñen da posibilidade de acceso a Internet por banda larga de calidade e o 2% restante ten a opción de conectarse vía satélite. Así o confirmaron dende os servizos informáticos do Concello, que explicaron que unha vez que o Wimax deixou de dar servixo na zona de Cervás e Chanteiro, leváronse a cabo unha serie de melloras no 3G e ADSL para poder dotar dun servizo de calidade aos veciños e veciñas destes lugares.

Tamén foron obxecto de intervencións de despregamento de redes sen fíos 3G outros puntos do termo municipal, como Outeiro (Ares) e O Raso (Caamouco).

Deste xeito, antes da execución deste Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013 da Xunta, o 81% da poboación de Ares contaba con acceso a internet de banda larga, mentres que agora esa porcentaxe incrementouse notablemente ata o 98%.

Con respecto a ese 2% que queda fora das redes fixas o usen fíos, o Concello informa de que a Xunta vén de poñer en marcha axudas para a contratación do servizo de internet vía satélite precisamente para eses pequenos núcleos. Unha vez que saia publicada dita convocatoria, o Concello de Ares fará públicas ditas subvencións para que as persoas que se atopan nesta situación e estean interesadas en contratar os servizos de internet vía satélite poidan acceder ás axudas autonómicas.

Por outra banda, o Concello quere puntualizar, con respecto a un anuncio de Minotec (grupo Mira Novas Tecnoloxías, S.L), que ningún representante do goberno local se ten reunido con dita empresa, polo que as condicións que ofrece do servizo de internet nada teñen que ver con este Concello.

3 de decembro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.