publicidade hoxe

Aranburu e Chano son sancionados con 4 e 1 partidos de suspensión respectivamente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Os xogadores do Azkar Lugo FS, Javier Aranburu Laso e Sebastián Vargas Otero “Chano”, foron sancionados polo Comité Nacional de fútbol sala con catro e un partidos de suspensión, respetivamente, tras ser expulsados na pasada xornada no derbi galego con vermella directa. Ambos xogadores son baixa polo tanto para o partido de mañá sábado en terras catalás ante o Marfil Santa Coloma.

Neste mesmo partido o xogador do Santiago Futsal, Quintela, foi expulsado con vermella directa na mesma acción que Aranburu e a súa sanción foi dun partido de suspensión.

Segundo a resolución do Comité, Aranburu foi “sancionado por agredir a un contrario”, Chano “por empregar no transcurso do xogo medios violentos cara a un adversario” e a Quintela “por desconsideración cara a un adversario”, tendo en conta neste último caso “a proba videográfica”, aportada polo Santiago Futsal, “o que demostra que a redacción do acta non se axusta plenamente ao sucedido no terreo de xogo”.

27 de decembro de 2013 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.