publicidade hoxe

Apróbanse as bases definitivas da concentración parcelaria de San Vincenzo de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilasantar
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se comunica a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria San Vincenzo de Curtis, no concello coruñés de Vilasantar.

Coa aprobación das bases definitivas rematan todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das fincas achegadas, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos. As mencionadas bases estarán expostas ao público na Casa Consistorial e nos lugares de costume. Os propietarios afectados pola concentración parcelaria dispoñen dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar.

A concentración parcelaria da zona de San Vincenzo de Curtis afecta a 1.111 hectáreas e permitirá a reorganización da propiedade de 3.666 parcelas, pertencentes a 469 propietarios. Ata o de agora lévanse investido preto de 186.000 euros nos traballos de preparación das bases definitivas e na elaboración do proxecto de camiños principais da concentración.

17 de decembro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.