Aprobada a oferta pública de emprego de Ourense coa convocatoria de 8 prazas de Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá foi aprobada, en mesa de negociación cos sindicatos con representación no Concello de Ourense, a convocatoria de oferta de emprego público correspondente ao ano 2013. Cos votos favorables de UGT, CSIF e CCOO, foron aprobadas oito prazas de Policía Local -dous oficiais de promoción interna e seis policías locais, por concurso-.

Aínda que no exercicio 2012 se produciran no Concello de Ourense un total de 21 xubilacións, a lei vixente só permite a oferta de emprego que se propón, que inclúe a reposición do 100% das prazas de policía local. Segundo a lei vixente, o resto de prazas que resultaron vacantes non pertencen aos sectores nos que a Lei 17/2012 de 27 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado permita a tasa de reposición, polo que é de aplicación a prohibición do artigo 23 de proceder á incorporación de novo persoal.

Procedementos selectivos

Con estes condicionantes, a oferta pública resultante é de 2 prazas de oficial de policía local e 6 de policía local, realizándose o acceso ás prazas de oficial por promoción interna, mediante concurso-oposición. Unha das seis prazas de policía local será reservada para funcionarios doutros corpos da Policía da Comunidade Autónoma. Todas as prazas convocadas corresponden ao subgrupo C1, escala administración especial e subescala servicios especiais.

18 de decembro de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.